Iniciación a uso das TICs

Curso 2012-2013

CEIP Salgado Torres

A Coruña
 

martes, 30 de noviembre de 2010





Instalación de Ubuntu paso a paso

Engadir repositorios a Synaptic

Para poder instalar programas en Ubuntu xeralmente recurrimos a Synaptic, Sistema->Administración->Gestor de paquetes Synaptic.



Para poder acceder a máis aplicacións que as que o sistema permite instalar por defecto necesitamos engadir outros repositorios; un repositorio é o servidor dende o que os sistemas Linux (Ubuntu é un sistema Linux) poden instalar novos programas.
Para engadir outros repositorios temos que ir a Configuración->Repositorios, e unha vez aberta a fiestra seleccionamos a pestana Otro Software.



Temos que asegurarnos de ter seleccionadas as dúas entrada que aparecen na captura de pantalla. A continuación pechamos e cando volvemos prememos en actualizar (o botón da parte superior dereita do Synaptic).
A partir de agora podemos acceder a novos programas e pluguins que antes no tiñamos dispoñibles

Redimensionado imaxes

Moitas veces queremos imaxes para poder envialas por email ou para subilas a aula virtual, o ideal é que cada imaxe nunca exceda dos 512kb e se poden ser da metade de tamaño mellor aínda. ¿Cómo podemos facelo en Ubuntu?.

En Ubuntu redimensionar varias imaxes simultaneamente é moi sinxelo, simplemente temos que ter instalado o paquete nautilus-image-converter.

Unha vez nos aseguramos de ter o programa, imos o carpeta das imaxes as seleccionamos todas (coa tecla control ou a de maiúsculas) e prememos o botón dereito seleccionamos redimensionar imaxes.




Eliximos as opcións que máis nos conveñan, e xa temos as imaxes redimensionadas

BUSCA E CATALOGACIÓN DE RECURSOS WEB

Catalogacion-ABALAR_ManuelLopez

Introducción a Ubuntu

UBUNTU é un sistema operativo do tipo GNU/Linux , é ademais libre pois pódese distribuír e modificar libremente polos usuarios.
O aspecto e bastante similar a Windows e o tratarse dun sistema destinado o usuario final tamén é bastante sinxelo.


Na actualidade distribúese a versión 10.04, e cada 6 meses actualízase a unha nova versión co que se garante as melloras e as actualizacións.
No proxecto Abalar que leva a Xunta de Galicia a versión de Ubuntu é tamén a 10.04 adaptada para netbook.
Os sistemas GNU/Linux teñen como piar de funcionamento os usuarios do sistema sempre que ocorre algo no sistema hai algún usuario deste que é o que carga coa responsabilidade. Temos que ter claro que sempre que accedemos a un entorno GNU/Linux somos un usuario con uns privilexios e unhas limitacións, e si queremos facer algo que non nos corresponde o mínimo que pode suceder é que nos pida unha contrasinal.
Outra características destes sistemas é a gran cantidade de aplicacións libres dispoñibles, sendo a súa instalación moi sinxela empregando un sistema de instalación baseado en paquetes, os cales encóntranse aloxados en servidores. Un dos mellores programas que permite a instalacións dos programas é synaptic en modo de fiestras e aptitude en modo consola.
O modo fiestra é coñecido por todos xa que e igual que en Windows, pero en Linux conservase un modo textual para manexar o sistema o que en moitas ocasións da un maior dominio a os administradores e en outras ocasións pode dar solución a pequenos problemas o usuario final.
A primeira vez con Ubuntu
A primeira vez que entramos en un ordenador con Ubuntu e moi probable que teña arranque dual, e dicir o acender o aparello podas elixir entre Windows e Ubuntu. No noso cpi para poder seleccionar o sistema de arranque tes que premer a tecla esc cando o ordenador empeza a andar e logo elixes a primeira opción do menú (nesta pantalla no funciona o rato).
Unha vez o ordenador arranca poden sucede dúas cousas:
Que entres nun entorno de fiestras similar a Windows, ¡parabéns xa estas en Ubuntu un mundo libre!. Neste caso o sistema está configurado para entrar directamente cun usuario predeterminado (no noso CPI usuario01).

Sempre que entremos en Ubuntu ou nun GnuLinux temos que ter unha conta de usuario, pero ademais existe un usuario especial que ten o control completo do sistema, é o root , o superusuario dos sistemas Linux/ Unix .
Xa estamos no sistema


¿Onde está o inicio?. Mira arriba a túa esquerda alí temos o menú coas aplicacións as nosas carpetas (lugares), o sistema. O primeiro é o primeriro imos ver que ten.

Ubuntu 10.4. - Descargar

http://www.ubuntu.com/desktop/get-ubuntu/download

Recursos

Mister Wong - Tutorial Video